A Federación de Asociacións de Veciños de A Coruña e Área Metropolitana nace coma un referente a hora de aglutinar os esforzos realizados polas Asociacións de Veciños, e o mesmo tempo co fin de crear un tecido asociativo, para a mellor defensa dos intereses dos veciños e os barrios.
No ano 1979 se aproban os Estatutos de esta Federación de AA.VV., cumpríndose unha vella aspiración dos líderes do movemento veciñal coruñés, dando comezo a unha intensa actividade social e política en beneficio do benestar social e mellora da calidade de vida na urbe e na súa area de influencia, establecendo lazos de colaboración co movemento veciñal en todo o territorio español.
Actualmente a Federación sigue desenrolando unha labor en defensa dos intereses dos veciños, gozando dun recoñecido prestixio, a pesar dos escasos apios mostrados polas administracións públicas, e sorteando as constantes dificultades de autofinanzación, conseguindo ser unha ferramenta eficaz e rápida na canalización dos múltiples problemas que van xurdindo nos distintos barrios e núcleos urbans e interurbas dentro da súa área de influencia.
A Federación, como demostrada forza de presión veciñal ante as administracións e partidos políticos, sufriu intentos de división e desmembración, conseguindo superar as dificultades gracias a colaboración e apoio da práctica totalidade das Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana que a compoñen. Con este exemplo de solidarizade ao longo da súa existencia, a Federación e o mellor argumento para seguir prestando servicios en beneficio da convivencia pacifica de noso pobo, e constante desenrolo do benestar social.
Esta Federación e totalmente pluralista, polo que convidamos a participación de todos aqueles que desexen colaborar coa causa do movemento veciñal, e dende eiquí noso mais firme convencemento de que seguirá sendo unha organización representativa do movemento veciñas de A Coruña e a súa Área Metropolitana, a través das súas Asociacións de Veciños, que son as principais protagonistas desta labor altruísta en beneficio da colectividade.
José A. Folgueira Madarro
|