Galego
Castellano



Dirección
Avenida de Glasgow, Portal 7, Baixo
15008 A Coruña
Teléfono
981171185
Fax
981175991
Email
favacoruna@favacoruna.org



Transporte Metropolitano de Galicia
Ayuntamiento de A Coruña
Ayuntamiento de Abegondo
Ayuntamiento de Arteixo
Ayuntamiento de Bergondo
Ayuntamiento de Betanzos
Ayuntamiento de Cambre
Ayuntamiento de Carral
Ayuntamiento de Cerceda
Ayuntamiento de Culleredo
Ayuntamiento de Oleiros
Ayuntamiento de Sada
Cogave
Como Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área
Metropolitana, non podo desaproveitar a oportunidade que me brinda a renovación da
nosa páxina web para dirixirlles un afectuoso saúdo a tódalas persoas e entidades que
contribuíron e contribúen á creación e fortalecemento do movemento veciñal.
           Na Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana atópanse representadas    tódalas máis importantes Asociacións Veciñais da nosa bisbarra. Grazas a isto, ó longo da súa historia vén    desenvolvendo unha importante reivindicación e promoción dos intereses e da calidade de vida dos    habitantes da cidade de A Coruña e da súa área metropolitana.

           Dende aquí quero agradecer, tanto ós membros da Xunta Directiva, coma ós Directivos de tódalas    Asociacións que formades parte da Federación, que sodes os principias portavoces das necesidades da    poboación, a colaboración e compañeirismo que amosades para poder desenvolver a labor que estamos a    realizar.

           Por último, animarvos a tódolos dirixentes veciñais a seguir traballando para conservar e potenciar    este tecido asociativo, que nos dota de capacidade de decisión e defensa dos intereses dos nosos veciños.    Con isto, contribuiremos a mellorar o noso país, sabendo que sempre vai a repercutir positivamente na
 nosa convivencia e, en definitiva, nas nosas vidas.

           Unha forte aperta.


                                                                             María Luisa Varela Ínsua

                                                                                      Presidenta