Nota de Prensa
Voltar a páxina de inicio
 
 

 

Supresión do Imposto de Sucesións en Galicia
1/10/2007

En referencia as recentes novas publicadas dende a Xunta de Galicia sobre a defensa do imposto de sucesión, baseados na necesidade de ingresos para sufragar o déficit en infraestructuras da nosa comunicade, ha causado malestar entre as federacións de asociacións veciñais integradas na Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro”.

Dende logo que estamos de acordo na urxencia da necesidade de corrixir os déficits infraestructurais e sociais que o noso país ten acumulado o logo dos tempos. Pero o que non compartimos é a opinión de que este custo sexa sufragado co esforzo de miles de persoas que o longo da súa vida traballaron duramente para ter unhas propiedades básicas, como por exemplo é un piso na cidade ou algunhas fincas no rural.

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” ven reivindicando a supresión do imposto de sucesións en Galicia, e reducción o mínimo dos gastos de xestión aparellados o proceso sucesorio, para aquelas herdanzas consideradas normais na sociedade galega, que sen dúbida algunha ten que ir dirixida a beneficiar as clases socias obreiras, evitando que as poucas propiedades que son acumuladas o longo dunha vida de traballo, supoñan un custo tan elevado de asumir para os herdeiros, que prefiran a súa renuncia por non poder facer fronte as contías económicas que conlevan. Sen embargo, nos parece correcto que este imposto sexa aplicable as grandes fortunas, xa que consideramos que estas teñen a obriga de tributar para facilitar o desenrolo de Galicia.

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” solicita a Xunta de Galicia que tome as medidas oportunas para atender a presente reivindicación da inmensa maioría da sociedade galega.

 

Está expresamente prohibida a redistribución e a redifusión de todo o parte dos contidos dos servicios da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana,
sin previo
e expreso consentimento da mesma
 

© 2007 Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana
Avenida de Glasgow, Portal 7, Local Baixo 15008 A Coruña
Tel./Fax 981171185 Fax 981175991
favacoruna@favacoruna.org